100L

Condicións de venda

CONDICIÓNS XERAIS DE VENDA

Esta tenda en liña está aloxada na plataforma Big Cartel.

Todas as pezas en venda neste sitio foron deseñadas por CENLITROSMETROCADRADO, que detén todos os dereitos de propiedade intelectual sobre as mesmas.

Para calquera dúbida ou consulta podes contactarnos AQUÍ e atenderémosche coa maior brevidade posible.

Todos os produtos inclúen IVE.

Os plazos de dispoñibilidade para os productos son os seguintes:

REBO SINXELA, REBO DOBRE, AMELIA BAIXA, AMELIA ALTA, OIO TALLO: a partir do 1 de decembro + 24/48h de envío.

TAPETE CIDADE VELLA (Lámina pequena e grande): a partir do 1 de decembro + 24/48h de envío.

OIO BANCO, LUSI NEGRA, LUSI BRANCA: produtos baixo pedido. A fabricación e prazo de envío serán acordados co cliente.

En caso de retraso na fabricación dos produtos o cliente será informado con antelación mediante correo electrónico.

MÉTODO DE PAGO

Mediante tarxeta de crédito seguindo os pasos que indica a tenda en liña a través da pasarela de pago.

Para proceder á compra o usuario deberá ter máis de 18 anos de idade e posuír unha tarxeta de crédito ou débito válida. O comprador é responsable de que todos os datos que nos proporciona son certos e exactos, que está autorizado para o uso da devandita tarxeta e que hai fondos suficientes para cubrir o custo dos produtos.

ENVÍO/RECOLLIDA: TEMPOS, TARIFAS E MODALIDADES

Envíase por mensaxería de MRW na modalidade de entrega a domicilio.

O tempo estimado de entrega é de 24/48h de envío.

Non nos facemos responsables de posibles atrasos ou de que a entrega non se faga dentro dos días indicados.

Tarifas:

ESPAÑA / PORTUGAL

5,68€ + IVE

Non penínsular (Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla) : consultar tarifas.

Emvíos internacionais: consultar tarifas.

O servicio de loxísitca é prestado por MRW.

Consultar no apartado de cada produto as condicións e tarifa de envío específica.

Para os produtos baixo pedido (MESA LUSI e OIO BANCO) a tarifa de envío do produto calcularase en cada caso, co acordo do cliente, acordando a tarifa e condicións de entrega cun provedor externo facilitado por CENLITROSMETROCADRADO ou directamente contratado polo cliente. CENLITROSMETROCADRADO poñerá a disposición o produto para a súa recollida nunha dirección comunicada previamente.

No caso de elixir a modalidade sen coste de recollida ou entrega na área de Compostela, a dirección de recollida será Rúa das Hedras, 4 - 1ºC 15895 Milladoiro, Ames (A Coruña) ou na dirección de entrega acordada entre CENLITROSMETROCADRADO e o cliente por email ou teléfono.

CAMBIO OU DEVOLUCIÓN DO PEDIDO

Só se aceptarán devolucións de produtos que non fosen usados, que se atopen en perfecto estado, coa súa embalaxe orixinal e nun prazo máximo de 14 días naturais desde a recepción do produto.

Dentro dese prazo, poderás exercer o teu dereito de desistencia, é dicir, cambiar ou devolver a túa compra enviándoa por correo postal á dirección do noso domicilio fiscal.

Independentemente do motivo da devolución, o comprador farase responsable do retorno do produto de maneira segura e asumindo os custos e riscos.

Rexémonos polas condicións do Dereito de Desistencia, que se regula nos artigos 102 e seguintes da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios.

Para exercer o dereito de desistencia deberás notificar a túa decisión de desistir do produto a través dunha declaración inequívoca: xa sexa unha carta enviada por correo postal a Rúa das Hedras nº4, 1º C Milladoiro Ames ou a dirección de correo electrónico 100L@cenlitrosmetrocadrado.com.

En caso de desistencia pola túa banda devolverémosche o diñeiro, incluídos os gastos de transporte.

Procederemos ao reembolso utilizando o mesmo medio de pago que empregaches para a transacción inicial, sen ningunha demora indebida a partir da data da recepcion e inspección dos produtos devoltos.

Para efectuar a devolución deberás enviar os bens a Rúa das Hedras nº4, 1º C Milladoiro Ames canto antes e dentro do prazo de 14 días naturais a partir da data en que nos comunicaches a túa decisión de desistencia. Deberás asumir o custo directo da devolución dos bens de maneira segura e certificada, así como asumir o risco de perda.

O período de garantía dos produtos é de 2 anos.

Para máis información sobre devolucións e sobre o procedemento, por favor escríbenos a 100L@cenlitrosmetrocadrado.com

IMPOSTOS

Para países da UE os prezos levan o IVE incluído. Para países fóra da UE e Canarias, o prezo é sen IVE, pero ao recibir o teu pedido terás que facerte cargo de posibles impostos de aduanas.

FACTURAS

Se queres que che fagamos unha factura podes poñerte en contacto connosco para indicarnos os teus datos fiscais ou ben, ao facer o teu pedido, podes incluílos no recadro de notas que hai ao final do proceso de compra. Chegarache co pedido a factura do mesmo. Se xorde calquera problema, podes escribir a Rúa das Hedras nº4, 1º C Milladoiro Ames, CIF F70580220, ou dirección de correo electrónico 100L@cenlitrosmetrocadrado.com.