100L

Termos legais

AVISO LEGAL

Identidade e titular da web: Cenlitrosmetrocadrado Sociedade Cooperativa Galega, (en diante CENLITROSMETROCADRADO), con domicilio en Rúa das Hedras nº4,1º C Milladoiro Ames, CIF F70580220, e dirección de correo electrónico 100L@cenlitrosmetrocadrado.com, propietaria do dominio 100l.eu así como a responsable do tratamento de datos nesta web.

En CENLITROSMETROCADRADO tratamos a información que nos facilita co fin de prestarlle o servizo solicitado e realizar a súa facturación. Os datos proporcionados consérvanse mentres se manteña a relación comercial ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais e atender as posibles responsabilidades que puidesen derivar do cumprimento da finalidade para a que os datos foron solicitados. Os datos non se cederán a terceiros salvo nos casos en que exista unha obriga legal. Pode exercer o seu dereito de acceso, rectificación, supresión e portabilidade de datos e oposición e limitación ao seu tratamento ante CENLITROSMETROCADRADO, Rúa das Hedras nº4,1º C Milladoiro Ames ou na dirección de correo electrónico 100l@cenlitrosmetrocadrado.com. Así mesmo, e especialmente se considera que non obtivo satisfacción plena no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a autoridade nacional de control dirixíndose para estes efectos á Axencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6 – 28001 Madrid.


CONDICIÓNS DE ACCESO E USO DA WEB

Todos os contidos, textos, imaxes e marcas son da propiedade de CENLITROSMETROCADRADO e están protexidos polos dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial.

O usuario unicamente ten dereito a un uso privado dos mesmos, sen ánimo de lucro, e necesita autorización expresa –por escrito– para, xa sexa total ou parcialmente, modificalos, reproducilos, explotalos, distribuílos ou exercer calquera dereito pertencente ao seu titular.

O usuario debe acceder á nosa páxina web conforme á boa fe, as normas de orde pública e ás presentes condicións de acceso e uso. O acceso a esta web realízase baixo a propia e exclusiva responsabilidade do usuario, que responderá en todo caso dos danos e prexuízos que poida causar a terceiros ou a nós mesmos.

CENLITROSMETROCADRADO resérvase o dereito para efectuar, sen previo aviso, cando o considere oportuno, cambios na estrutura e o deseño da súa web, modificar ou eliminar os servizos, os contidos e as condicións de acceso e uso.

O envío de datos persoais implica a aceptación expresa por parte do usuario da nosa política de privacidade.

O usuario comprométese a non utilizar identidades falsas, nin a suplantar a identidade doutros ao cumprimentar formularios de rexistro ou de contacto nesta páxina web.

Queda expresamente prohibido a utilización e obtención dos servizos, produtos ou contidos ofrecidos na presente páxina web, por procedementos distintos aos estipulados nas presentes condicións de uso.

Esta tenda en liña está aloxada na plataforma Big Cartel. Non podemos garantir a ausencia de avarías, desconexións ou caídas dos servizos que puidesen afectar á navegación desta páxina.


POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Os datos persoais solicitados nesta web, que son os estritamente necesarios para establecer unha relación comercial, xestiónanse segundo o disposto na Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais e Garantía de Dereitos Dixitais ( LOPDGDD) 3/2018, e son tratados de maneira confidencial.

Se tiveron en conta a normativa xeral de protección do consumidor: Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, Lei 26/1984 de 19 de Xullo así como a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos e Garantía de Dereitos Dixitais.

Ao facilitarnos os teus datos, declaras ler e coñecer a presente política de privacidade, prestando o teu consentimento inequívoco e expreso ao tratamento dos teus datos persoais de acordo ás finalidades e termos aquí expresados.

De acordo co establecido na Lei LSSI-CE 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, de 11 de xullo, que regula a venda de produtos e a prestación de servizos a través de Internet, completando o formulario de contacto que recolle os teus datos estás a outorgar o consentimento expreso para enviarche á túa dirección de correo electrónico información acerca de CENLITROSMETROCADRADO.

CENLITROSMETROCADRADO garante expresamente aos usuarios que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiras compañías, excepto para cumprir co servizo que ofrece (Provedor de loxística) e cumprir coas obrigacións legais (xestoría). Ambas as empresas, pola súa banda, están igualmente obrigadas a cumprir a lei en materia de protección de datos.

A compra nesta tenda en liña realízase a través da pasarela de pago Stripe. Os datos bancarios do cliente viaxan de forma segura e íntegra e non son coñecidos nin almacenados en ningún sitio por CENLITROSMETROCADRADO.

Estamos comprometidas co bo uso e tratamento dos datos persoais dos usuarios, respectamos a súa confidencialidade e cumprimos coa obrigación de conservalos, de cancelalos cando termine a finalidade coa que foron recollidos e de adoptar as medidas necesarias para evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado dos mesmos, conforme ao establecido na normativa vixente.

A plataforma na que se atopa a tenda en liña CENLITROSMETROCADRADO, Big Cartel, conta cunha política de privacidade de libre acceso a través desta ligazón: https://help.bigcartel.com/gdpr (en inglés).


POLÍTICA DE COOKIES

As cookies son pequenos fragmentos de información que as páxinas web que visitas envían ao teu navegador. Entre outras cousas, permiten a unha páxina web almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información obtida, pódense utilizar para recoñecer ao usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Esta páxina utiliza cookies propias (técnicas, de personalización e de análise) da plataforma de comercio en liña Big Cartel, na que se atopa aloxada a nosa páxina, que captan hábitos de navegación para fins estatísticos. Podes consultar a Política de Cookies de Big Cartel en https:// help.bigcartel.com/privacy-policy (en inglés).

En ningún caso as cookies almacenan a túa información persoal, datos de contacto ou bancarios. Ningunha cookie permite que poida contactarse co teu número de teléfono, o teu email ou calquera outro medio de contacto. Ningunha cookie pode extraer información do teu disco duro ou roubar información persoal.

As cookies propias serven prestar un mellor servizo xa que poden ser utilizadas para recoñecerche entre visitas sucesivas e adaptar o contido que se che mostra. A información que proporcionan é anónima, tan só obtéñense datos acerca da data e hora da túa visita, mídense algúns parámetros de tráfico dentro da páxina e estímase o número de visitas realizadas. É dicir, servímonos de datos estatísticos para axudarnos a enfocar e axustar os nosos servizos de forma máis efectiva.

Tes a opción de permitir, bloquear ou eliminar as cookies instaladas no teu equipo mediante a configuración das opcións do teu navegador. A forma de deshabilitar as cookies é diferente para cada navegador, pero normalmente pode facerse desde o menú Ferramentas ou Opcións.

Con todo, debes ter en conta que algunhas características dos contidos da páxina web só están dispoñibles se se permite a instalación de cookies no teu navegador. Se decides non aceptar ou bloquear determinadas cookies (en función da súa finalidade), poida que isto afecte, total ou parcialmente, ao funcionamento normal da páxina web ou que impida o acceso a algúns servizos da mesma.