100L

Quen somos

100L EDITORA

Con motivo do 15º aniversario do noso estudio decidimos reeditar unha selección de pezas deseñadas en Cenlitrosmetrocadrado durante estes anos tanto para clientes como dentro da liña de investigación interna I+D+Cen.

Estes produtos son autoproducidos e fabricados integramente en Galicia en produtores locais empregando, na medida do posible, materiais de proximidade.

Na nosa web cenlitrosmetrocadrado.com podes atopar a historia e o contexto de cada unha das pezas que forman parte da editora 100L.